Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2019, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifica o acordo de incoación de expediente sancionador en materia de transportes terrestres devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-02503-O-2018).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador XC-02503-O-2018, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase o acordo de incoación ditado á persoa interesada.

Infórmase que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselle un prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que considere conveniente, presentando ou propoñendo as probas que considere oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 18 de febreiro de 2019

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción proposta

XC-02503-O-2018

9384-HDR

76353744T

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas.

3.9.2018; 10.31; VG-1.5; 62,65

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros