Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14268

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se someten a información pública a Estratexia galega de cambio climántico e enerxía 20150 e o Primeiro plan operativo de desenvolvemento e implantación da Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050.

De conformidade co artigo 16.1.a) da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, e para promover unha participación real e efectiva do público na elaboración, modificación e revisión dos plans, programas e disposicións de carácter xeral relacionados co ambiente a que se refiren os artigos 17 e 18 desta lei, as administracións públicas, ao establecer ou tramitar os procedementos que resulten de aplicación, velarán para que se informe o público, mediante avisos ou outros medios apropiados, como os electrónicos cando se dispoña deles, sobre calquera proposta de plans, programas ou disposicións de carácter xeral.

Iniciada a formulación da Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050 e o Primeiro plan operativo de desenvolvemento e implantación da Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050,

ACORDO:

Primeiro. Someter a información pública, por un prazo de un mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, a Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050 e o Primeiro plan operativo de desenvolvemento e implantación da Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050.

Segundo. Durante o citado prazo, poderanse consultar os textos no seguinte enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia:

https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/procedementos-de-informacion-publica

Terceiro. As persoas interesadas poden enviar as súas alegacións a través do formulario disposto para este fin no enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia indicado no punto segundo deste anuncio.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2019

Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda