Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 15 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o proxecto básico da instalación de almacenamento de produtos petrolíferos no porto exterior da Coruña, cuxo promotor é Oil Deposit Corunna, S.L., e o estudo de impacto ambiental (expediente SAI IN 2017/133).

Para os efectos previstos no artigo 36 Información pública do proxecto e do estudo de impacto ambiental da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e no artigo 16 Consulta pública e participación na toma de decisións do Real decreto 840/2015, do 21 de setembro, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan substancias perigosas, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a seguinte documentación:

• Proxecto básico.

• Estudo de impacto ambiental.

Datos da instalación:

Solicitante/promotor: Oil Deposit Corunna, S.L. (B87752051).

Domicilio social: rúa Serrano, 16, 28001 Madrid.

Denominación do proxecto: proxecto básico da instalación de almacenamento de produtos petrolíferos no porto exterior da Coruña.

Situación: porto exterior da Coruña (Punta Langosteira). Concello de Arteixo.

O que se fai público para o coñecemento xeral, co fin de que os interesados poidan examinar a dita documentación nas dependencias do Servizo de Administración Industrial da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 1º andar, 15071 A Coruña, así como no Concello de Arteixo (A Coruña), e presentar as súas alegacións, durante un prazo de trinta (30) días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 15 de febreiro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña