Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2019 Páx. 13860

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Carballiño

EDICTO (331/2015).

Eu, José Luis Rodríguez Jacome, letrado da Administración de Xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Carballiño, polo presente, fago saber que no procedemento declarativo número 331/2015 seguido ante o Xulgado de Primeira Instancia número 2 do Carballiño, ditouse sentenza con data 4 de xaneiro de 2019.

Conforme o sinalado no artigo 497 da Lei de axuizamento civil e no xeito establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, e na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de xustiza, fíxase para os efectos de notificación o presente edicto no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia.

E para que teña efectos de notificación da sentenza á demandada Manuela Hernández Mena, en ignorado paradoiro, publícase este edicto, facendo saber que contra a resolución, cuxo texto íntegro poderá consultar a interesada na sección civil deste xulgado, pode interpoñerse recurso de apelación no prazo de 20 días.

O Carballiño, 21 de febreiro de 2019

O letrado da Administración de xustiza