Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2019 Páx. 13858

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (622/2016).

Eu, Ángel Gómez Santos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que neste xulgado se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza número 138/2018.

Vigo, 8 de outubro de 2018.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario que co número 622/2016 se seguen por instancia da comunidade de propietarios da rúa Rosalía de Castro, 73, de Salvaterra de Miño, representada pola procuradora Aurora Alonso Méndez e dirixida polo letrado Rubén Porto Pedrosa, contra Promociones Inmobiliarias Vivengal, S.L. e SFD Aparejadores y Arquitectos Técnicos Asociados, S.L., declaradas en situación de rebeldía procesual, as cales teñen por obxecto unha pretensión responsabilidade por vicios construtivos.

Decido:

Estimo parcialmente a demanda interposta pola comunidade de propietarios da rúa Rosalía de Castro, 73, de Salvaterra de Miño contra Promociones Inmobiliarias Vivengal, S.L. e SFD Aparejadores y Arquitectos Técnicos Asociados, S.L., e, en consecuencia, fago os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Promociones Inmobiliarias Vivengal, S.L. a aboarlle á comunidade de propietarios demandante a cantidade de 72.611,65 euros. Con imposición das custas procesuais.

2º. Dos ditos 72.611,65 euros, SFD Aparejadores y Arquitectos Técnicos Asociados, S.L., responderá, de xeito solidario con Promociones Inmobiliarias Vivengal, S.L., da cantidade de 60.631,26 euros, pois condénoa ao seu pagamento, sen facer pronunciamento condenatorio en materia de custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lle fará saber que non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos demandados Promociones Inmobiliarias Vivengal, S.L. e SFD Aparejadores y Arquitectos Técnicos Asociados, S.L., expídese este edicto, para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 10 de outubro de 2018

O letrado da Administración de xustiza