Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2019 Páx. 13856

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo

EDICTO (957/2017).

Eu, Ana Rodríguez Puga, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo, fago saber que no xuízo verbal 957/2017 deste xulgado se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

«Lugo, 22 de xaneiro de 2019.

Vistos por min, Alberto Benéitez Antón, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo, os autos de xuízo verbal número 957/2017, sobre reclamación de cantidade (prezo de contrato de servizos), promovidos por Javier Latorre Rodríguez, comparecido na súa propia representación e defensa, contra Nemesio Fraga Souto, en rebeldía procesual, en virtude das funcións conferidas pola Constitución e en nome do rei, dito a presente

Resolución.

Que debo estimar e estimo a demanda promovida por Javier Latorre Rodríguez, comparecido na súa propia representación e defensa, contra Nemesio Fraga Souto, e:

1º. Condeno o demandado a aboar ao demandante a cantidade de cento noventa e cinco euros con cincuenta céntimos (195,50 €) en concepto de principal acreditado, obxecto de demanda.

2º. Condeno, así mesmo, o demandado a pagar ao demandante a cantidade de seis euros con sesenta e seis céntimos (6,66 €) en concepto de xuros moratorios vencidos ata a data desta sentenza, sen prexuízo dos que o débito principal devindique no sucesivo conforme a lei.

3º. Impoño tamén ao demandado as custas procesuais causadas nesta instancia, cos límites e exclusións determinados no fundamento xurídico cuarto desta sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, conforme o artigo 455.1 da LAC, contra ela non cabe ningún recurso ao ditarse en xuízo verbal por razón da contía, xa que esta non alcanza os 3.000 euros, sen prexuízo da acción de rescisión prevista nos artigos 501 e 502 da mesma lei, se esta proceder».

E ao estar o dito demandado, Nemesio Fraga Souto, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma á dita parte, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 21 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza