Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2019 Páx. 13861

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo

EDICTO (F02 123/2018).

No presente procedemento, F02 123/2018, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo, se ditou sentenza, con data do 14 de novembro de 2018, que establece:

Sentenza:

Mondoñedo, 14 de novembro de 2018.

Dispoño:

Acórdanse as seguintes medidas definitivas:

1ª. A atribución da garda e custodia da menor Olaya Quintana Pérez a Aránzazu Pérez Vázquez, sendo a patria potestade compartida por ambos os proxenitores.

2ª. O réxime de visitas entre o pai e a menor será de fins de semana alternas, desde as 12.00 horas ata as 20.00 horas, tanto sábados como domingos, sen pasar a noite no domicilio paterno durante o primeiro ano desde o establecemento das medidas. A partir de entón, as visitas serán as fins de semana alternas desde as 12.00 horas do sábado ata as 20.00 horas do domingo e a metade das vacacións de Semana Santa, verán e Nadal.

3ª. En concepto de pensión alimenticia, Walter Quintana Vilabrille aboará, por meses anticipados e dentro dos primeiros cinco días de cada mes, a cantidade de 400 euros mensuais, que será actualizada anualmente segundo o índice que estableza o Instituto Nacional de Estatística.

Walter aboará, igualmente, a metade dos gastos extraordinarios.

Non procede realizar expresa imposición das custas devindicadas na tramitación do presente procedemento.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación, que se deberá interpor no prazo de vinte días contado desde a súa notificación.

Así o pronuncio, mando e asino.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Walter Quintana Vilabrille, expídese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Mondoñedo, 15 de febreiro de 2019

O/a letrado/a da Administración de xustiza