Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2019 Páx. 13863

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DOI 1203/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 1203/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Suárez Montero contra a empresa Seguridad y Planificación Galicia, S.L., administración concursal de Seguridad y Planificación Galicia, S.L., en que foi parte o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1203/2017.

Demandante: Daniel Suárez Montero.

Letrado: Sr. Méndez Sanjurjo.

Demandado: Seguridad y Planificación Galicia, S.L.

Letrado:

Administración concursal de Seguridad y Planificación Galicia, S.L.: non comparece.

Fogasa.

Letrado:

Sentenza 87/2019.

A Coruña, 12 de febreiro de 2019.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Daniel Suárez Montero contra a empresa Seguridad y Planificación Galicia, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 22.383,81 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 55,61 euros/día.

– En caso de readmisión, o traballador deberá reintegrar a indemnización percibida polo despedimento obxectivo, unha vez que sexa firme a sentenza. Noutro caso, acórdase a compensación entre esa indemnización percibida e a que se fixa nesta sentenza.

3º. O Fogasa e a administración concursal deberanse ater ao establecido na presente resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo.

Publicada o día 20 de febreiro de 2019. Asinado: Marta Yanguas del Valle».

Para que conste e sirva de notificación en legal forma a Seguridad y Planificación Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza