Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2019 Páx. 13557

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (186/2018).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 186/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Jorge Iglesias, S.L.U. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a sentenza cuxa parte dispositiva literalmente di:

«Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Fundación Laboral de la Construcción fronte á entidade Jorge Iglesias, S.L.U. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Jorge Iglesias, S.L.U. a que aboe á demandante a cantidade de 161,42 euros, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Jorge Iglesias, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza