Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2019 Páx. 13558

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 86/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 86/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Varela Vázquez contra a empresa Obras, Transportes y Construcciones Fontefría, S.L.U., o Fogasa, Pavimentos de Meaño, S.L., Cotrarga, Rosa María Portela Hidalgo, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva:

Acordo: apróbase a conciliación alcanzada entre as partes nos termos expresados.

Arquívense as actuacións.

Notifíquese a presente resolución, facendo saber ás partes que a acción para impugnar a validez da conciliación se exercerá ante este mesmo órgano, polos trámites e cos recursos establecidos na LXS. A acción caducará aos trinta días da data da súa celebración. Para os terceiros prexudicados o prazo contará desde que puidesen coñecer o acordo. As partes poderán exercer a acción de nulidade polas causas que invalidan os contratos e a impugnación polos posibles terceiros prexudicados poderá fundamentarse en ilegalidade ou lesividade.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

O/a letrado/a da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Obras, Transportes y Construcciones Fontefría, S.L.U., Cotrarga, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 12 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza