Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2019 Páx. 13560

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 475/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Luis Casal Suárez contra Coprosider, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Aceros y Derivados Marfer, S.L., Acier Metals Santiago, S.L., Aprovisionamientos del Noroeste, S.L.U., Aceros y Metales Marfer, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 475/2017 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Aceros y Derivados Marfer, S.L., Acier Metals Santiago, S.L., Aceros y Metales Marfer, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 24.10.2019, ás 10.55 e 11.00 horas, na planta 1, sala 6, Edificio da Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Aceros y Derivados Marfer, S.L., Acier Metals Santiago, S.L., Aceros y Metales Marfer, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 14 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza