Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2019 Páx. 13556

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Padrón

EDICTO (64/2018).

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Padrón.

Procedemento ordinario 64/2018

Demandante: Ramón Rodríguez Cobas

Procuradora: Rosa Goris Mayán

Demandado: José Díaz Sampayo

Resolución: Sentenza número 12/2019, do 8 de febreiro de 2019.

Impugnación: cabe formular recurso de apelación ante este xulgado dentro do prazo de 20 días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, expoñendo as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e con expresión dos pronunciamentos que impugna.

En atención ao descoñecemento do actual domicilio do demandado José Díaz Sampayo, de acordo co disposto no artigo 497.2 da LAC, acordouse notificarlle a sentenza por medio deste edicto, e fáiselle saber que esta se atopa á súa disposición neste xulgado.

Este edicto cumpre coas condicións de publicación establecidas na instrución 6/12 da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza.

Padrón, 18 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza