Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2019 Páx. 13593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Salceda de Caselas (expediente IN407A 2017/495-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTA, CT Eido Vello.

Situación: Salceda de Caselas.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 750 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente HV-1000/13 da LMT TUI807, no tramo TUI807114, e final no centro de transformación proxectado Eido Vello. Centro de transformación intemperie, sobre apoio de celosía, de 160 kVA con RT 20 kV/400-230 V, situado no lugar de Cachadas, Salceda de Caselas.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 6 de novembro de 2017, no BOP do 14 de novembro de 2017, no xornal Faro de Vigo do 1 de decembro de 2017, nos BOE do 23 de decembro de 2017 e do 14 de marzo de 2018, e no taboleiro de anuncios do concello de Salceda de Caselas. Tamén se notificou individualmente aos titulares dos predios afectados pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria. No mencionado trámite recibíronse alegacións que a continuación se detallan.

Respecto ás alegacións presentadas por María Concepción Ramírez González, Manuel Antonio Rodríguez Diz, Manuel Fernández Ramírez, Sara Fandiño Fernández y Marcial Romero Pérez, en todas elas solicitan o cambio de titularidade dalgún dos predios que figuran na relación de bens e dereitos afectados, presentando os correspondentes documentos acreditativos da titularidade. En todos os casos, Fernando Val López, en representación da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., entrega nesta xefatura territorial contestacións ás alegacións, indicando que se procederá á actualización da relación de bens e dereitos afectados, procedendo ao cambio dos titulares dos predios de acordo coas ditas alegacións.

Respecto da alegación presentada por Dolores Lago Ramírez, ademais do cambio de titularidade dos predios 36 e 37, xa que non son da súa propiedade, indica que o seu predio afectado é unha parcela cunha superficie de 951 m² que debería quedar gravada co dito tendido porque a súa superficie comporta que o predio estea prácticamente afectado en gran parte da súa extensión e que iso ben pode impedir a realización de calquera tipo de obra na porción restante. Fernando Val López en representación da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., entrega nesta xefatura territorial contestación á alegación, indicando que se procede a cambiar a titularidade dos predios 36 e 37 a nome descoñecido e que respecto da afección da predio titularidade de Dolores Lago Ramírez, tal como indica o artigo 162 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a servidume de paso de enerxía eléctrica non lle impide ao dono do predio servinte cercalo ou edificar sobre el, deixando a salvo a dita servidume, sempre que sexa autorizada pola Administración competente, polo que solicita que se continúe co procedemento de concesión da autorización administrativa previa e de construción, así como a declaración de utilidade pública da liña do asunto.

Unha vez examinados os escritos de alegacións indicados, tendo en conta o seu contido e que non existe oposición para a declaración de utilidade pública, procede a continuación do procedemento de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica proxectada, para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento, actualizando a relación de bens e dereitos afectados de acordo coas alegacións presentadas. A valoración das indemnizacións aos titulares dos predios afectados fixaranse no procedemento expropiatorio, momento en que procederá ter en conta a alegación presentada por Dolores Lago Ramírez respecto da afección causada ao predio da súa propiedade.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 14 de febreiro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra