Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2019 Páx. 13596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica a varios interesados a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Pastoriza-Rodeiro (expediente LU-11/141-EOL).

Mediante a Resolución do 31 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 25 de outubro de 2018, polo que se declarou a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Pastoriza-Rodeiro, situado no concello da Pastoriza (Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, planta 4ª, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Predio do proxecto nº

Polígono

Parcela

Concello

Interesado/a

Acto que se notifica

80/1

28

290

A Pastoriza

Arcadio Edrosa Ribas

Declaración de utilidade pública

80

28

218

A Pastoriza

Hdos. Arsenio Iglesias

Rpta. Manuel Iglesias

Declaración de utilidade pública

29

26

4

A Pastoriza

Isaura Pena García

Declaración de utilidade pública

27

26

1

A Pastoriza

Juana Sendín Penas

Declaración de utilidade pública

34

26

9

A Pastoriza

Élida López

Declaración de utilidade pública

49

27

176

A Pastoriza

Mercedes Fernández

Declaración de utilidade pública

3

27

114

A Pastoriza

Descoñecido

Declaración de utilidade pública

71

28

329

A Pastoriza

Descoñecido

Declaración de utilidade pública

102

400

99

A Pastoriza

Descoñecido

Declaración de utilidade pública