Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2019 Páx. 13598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica a varios interesados a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Serra do Punago-Vacariza (expediente LU-11/139-EOL).

Mediante a Resolución do 29 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 18 de outubro de 2018, polo que se declarou a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Serra do Punago-Vacariza, sito nos concellos de Castroverde, Baralla e Baleira (Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse aos interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, andar 4º, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Predio do proxecto nº

Polígono

Parcela

Concello

Interesado/a

Acto que se notifica

-

-

-

Castroverde

José Manuel Fernández Neira

Declaración de utilidade pública

45

67

93

Baleira

Descoñecido

Declaración de utilidade pública