Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2019 Páx. 13297

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 884/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 884/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gustavo Fungueiriño Cebreiro, Marcelino Somoza Gey e Santiago Fungueiriño Ordóñez contra Nogasa Servicios y Obras, S.A., Escribanos de Gordon, S.L.U. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre procedemento ordinario, en reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2019

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo 884/2017, seguidos por instancia de Gustavo Fungueiriño Cebreiro, Marcelino Somoza Gey e Santiago Fungueiriño Ordóñez, asistidos polo letrado Sr. Castro Martínez, contra as entidades Nogasa Servicios y Obras, S.A., Escribanos de Gordon, S.L.U. e o Fogasa, que non comparecen a pesar de estaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, dítase a presente resolución con base nos seguintes feitos.

Decido que debo estimar a demanda presentada por instancia de Gustavo Fungueiriño Cebreiro, Marcelino Somoza Gey e Santiago Fungueiriño Ordóñez contra as entidades Nogasa Servicios y Obras, S.A., Escribanos de Gordon, S.L.U. e o Fogasa, que non comparecen a pesar de estaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, e debo condenar as entidades demandadas solidariamente ao aboamento a cada un dos demandantes da cantidade de 845,73 euros como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS do 17 de xuño de 2014) ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Imponse a cantidade de 200 euros en concepto de honorarios.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela non cabe interpoñer recurso de suplicación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Nogasa Servicios y Obras, S.A. e Escribanos de Gordon, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza