Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2019 Páx. 13299

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 873/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 873/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Barral Santos contra Seguridad y Planificación Galicia, S.L., o Fogasa e a administradora concursal Montserrat Vales Santos, sobre procedemento ordinario, en reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2019

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo 873/2017 seguidos por instancia de Manuel Barral Santos, asistido pola letrada Sra. Manzano Martínez, contra a entidade Seguridad y Planificación Galicia, S.L., a súa administradora concursal (Montserrat Vale Santos) e o Fogasa, que non comparecen a pesar de estaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, dítase a presente resolución con base nos seguintes feitos.

Decido que debo estimar a demanda presentada por instancia de Manuel Barral Santos, asistido pola letrada Sra. Manzano Martínez, contra a entidade Seguridad y Planificación Galicia, S.L., a súa administradora concursal (Montserrat Vale Santos) e o Fogasa, que non comparecen a pesar de estaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 676,89 euros como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS do 17 de xuño de 2014) ata a presente resolución e os do artigo 576 da LEC a partir da presente resolución.

Debo condenar e condeno a Montserrat Vale Santos a estar e pasar polas anteriores declaracións e condenas, na súa soa condición de administradora concursal da entidade demandada.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela non cabe interpoñer recurso de suplicación».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Seguridad y Planificación Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza