Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2019 Páx. 13301

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 581/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 581/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva Martínez Davila contra Junior´s Servicios Integrales, S.L., Edificios Docentes de Santiago, S.L., Fogasa, Fundación Junior´s Caesga, Omnia Innovación y Gestión Educativa, S.L., Colegio Junior´s, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar parcialmente a demanda presentada por instancia de Eva Martínez Davila contra Colegio Junior´s, S.L., Edificios Docentes Santiago, S.L., Fundación Junior´s Caesga, Junior´s Servicios Integrales, S.L., Omnia Innovación y Gestión Educativa, S.L. e Fogasa e, en consecuencia, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante, con condena de Colegio Junior´s, S.L. a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 68,65 euros/día) ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da cantidade de 4.342,08 euros en concepto de indemnización.

Esta opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Imponse a cantidade de 200 euros en concepto de honorarios.

Debo absolver e absolvo as entidades Edificios Docentes Santiago, S.L., Fundación Junior´s Caesga, Junior´s Servicios Integrales, S.L., Omnia Innovación y Gestión Educativa, S.L., de todos os pedimentos efectuados na súa contra.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación. Advírtense as partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, e indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social Suplicación”, e acreditalo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso. Ademais, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalo a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Omnia Innovación y Gestión Educativa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial correspondente.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza