Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2019 Páx. 13313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2019, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-02166-O-2018 e tres máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador XC-02166-O-2018 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo de quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 13 de febreiro de 2019

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF Denunciado

Infracción denunciada

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción proposta

XC-02166-O-2018

6052-DSH

49676128S

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

3.7.2018; 11.20.00; AC-12; 2,0

Artigo 141.21 da LOTT

Artigo 143.1.d) da LOTT

401 euros

XC-02198-O-2018

5258-DMY

X4866002F

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

14.7.2018; 8.22.00; AC-550; 74,8

Artigo 142.8 da LOTT

Artigo 143.1.b) da LOTT

201 euros

XC-02199-O-2018

5258-DMY

X4866002F

Carecer dos extintores que resulten obrigatorios en función do vehículo ou a carga transportada, ou dispoñer duns cuxa correcta utilización non estea garantida.

14.7.2018; 8.21.00; AC-550; 74,8

Artigo 141.5.3 da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

801 euros

XC-02200-O-2018

5258-DMY

X4866002F

Transporte de mercadorías perigosas sen a carta de porte preceptiva para as mercadorías perigosas transportadas.

14.7.2018; 8.20.00; AC-550; 74,8

Artigo 140.15.8 da LOTT en relación co artigo 141.25 da LOTT

Artigo 143.1.i) da LOTT

801 euros