Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2019 Páx. 13315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2019, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-03455-O-2018 e dous máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra acordou a incoación do expediente sancionador PO-03455-O-2018 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2019

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF Denunciado

Infracción denunciada

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción proposta

PO-03455-O-2018

PO-2290-BK

76984064M

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

14.5.2018; 13.21.00; AP-9; 137,542

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa alínea f) da LOTT

801 euros

PO-04050-O-2018

1790-CVD

Y0366807V

O exceso igual ou superior ao 15 % e inferior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 15 %.

17.6.2018; 8.07.00; N-550; 84,9

Artigo 141.2 da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

801 euros

PO-04053-O-2018

8574-DHD

35316013L

O exceso igual ou superior ao 15 % e inferior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 17 %.

17.6.2018; 7.13.00; AP-9; 137,5

Artigo 141.2 da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

850 euros