Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2019 Páx. 13043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2018450AL-PO por infracción en materia sanitaria.

O 16 de xaneiro de 2019, a xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 2018450AL-PO incoado á persoa titular do DNI 35479197H.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante esta cédula se lle notifica á persoa titular do DNI 35479197H o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo:

1. Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

2. Se a publicación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

Para isto deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade no Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 18 de febreiro de 2019

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2018450AL-PO.

DNI da persoa denunciada: 35479197H.

Feito imputado: infracción do previsto no Real decreto 164/2014, do 14 de marzo, que establece as normas complementarias para a produción, designación, presentación e etiquetaxe de determinadas bebidas espirituosas.

Preceptos infrinxidos: artigo 10: «Os produtos regulados por este real decreto e polo Regulamento (CE) nº 110/2008, do 15 de xaneiro, presentaranse e comercializaranse sempre debidamente envasados e etiquetados e queda expresamente prohibido o transvasamento ou recheo nos establecementos de venda, grosistas, retallistas, cafetarías, bares, tabernas, restaurantes [...]».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51, punto 1, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición: «Serán infraccións leves: 1.- (...) A elaboración, fabricación, transformación, envasado, almacenamento, importación, exportación, distribución, transporte ou comercialización de alimentos e pensos, en condicións non permitidas pola normativa vixente, ou cuxo uso fose expresamente prohibido ou restrinxido, sempre que o dito incumprimento non estea tipificado como infracción grave ou moi grave».

Sanción proposta: trescentos euros (300 €).