Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2019 Páx. 13045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, polo que se notifica a resolución do expediente LU-29646 competencia desta dirección xeral.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo citado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Para o coñecemento íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, por si ou a través dos seus representantes legais, dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para compareceren nas dependencias da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Servizo de Recursos Especializados para a Discapacidade, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírteselles ás persoas interesadas que contra o acto administrativo que se notifica, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso de alzada ante a conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación do acto, de conformidade co disposto no artigo 41 da Orde do 16 de abril de 2014 pola que se regulan as condicións dos ingresos e traslados en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal (DOG núm. 91, do 14 de maio), en relación cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2019

Ildefonso de la Campa Montenegro
Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Expediente: LU-29646.

DNI: 33238101L.

DNI: 79329184E.

Acto de notificación: Resolución do procedemento do 16 de xaneiro de 2019.