Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2019 Páx. 12833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2019, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00464-O-2018 e catro máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña ditou a resolución dos expedientes sancionadores XC-00464-O-2018 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

A Coruña, 11 de febreiro de 2019

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-00464-O-2018

9055-HPY

33171728R

A carencia no vehículo ou nos locais do letreiro que indique a existencia de follas de reclamacións (taxi).

28.11.2017; 12.13; N-634; 707,6

Artigo 62.f) da Lei 4/2013

Artigo 63 da Lei 4/2013

100 euros

XC-00465-O-2018

9055-HPY

33171728R

Non expoñer ao público os cadros de prezos autorizados ou telos en lugares non visibles.

28.11.2017; 12.13; N-634; 707,6

Artigo 62.l) da Lei 4/2013

Artigo 63 da Lei 4/2013

100 euros

XC-00476-O-2018

9055-HPY

33171728R

Non levar a placa relativa á súa condición de vehículo de servizo público (taxi).

28.11.2017; 12.13; N-634; 707,6

Artigo 62.j) da Lei 4/2013

Artigo 63 da Lei 4/2013

100 euros

XC-00477-O-2018

9055-HPY

33171728R

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo, sempre que se dispoña dela (taxi).

28.11.2017; 12.13; N-634; 707,6

Artigo 62.d) da Lei 4/2013

Artigo 63 da Lei 4/2013

100 euros

XC-00478-O-2018

9055-HPY

33171728R

Non levar en lugar visible os distintivos que sexan esixibles ou levalos nunhas condicións que dificulten a súa percepción ou facer un uso inadecuado deles.

28.11.2017; 12.13; N-634; 707,6

Artigo 62.a) da Lei 4/2013

Artigo 63 da Lei 4/2013

100 euros