Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2019 Páx. 12835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Salvaterra de Miño (expediente IN407A 2018/405-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Eléctrica de Cantoña, S.L.

Domicilio social: Cantoña, s/n, Paderne de Allariz, 32112 Ourense.

Denominación: LMTA e CTI Couto.

Situación: Salvaterra de Miño.

Características técnicas: instalación de liña de media tensión aérea de 20 kV de 1.000 metros de lonxitude e un centro de transformación aéreo de 100 kVA. As instalacións están situadas no barrio de Couto, na parroquia de Lira, en Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en toda as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente en dereito.

Pontevedra, 6 de febreiro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra