Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2019 Páx. 12433

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO de notificación de resolución (DSP 869/2017).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 869/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Marco Cagigas Anseán contra Federación Galega de Fútbol, Federación Galega de Fútbol Sala, Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Fogasa, Asociación Galega de Fútbol Sala, sobre despedimento, foi ditada Resolución do 8 de febreiro de 2019 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, e fáiselles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Federación Galega de Fútbol Sala e Asociación Galega de Fútbol Sala, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de febreiro de 2019

O letrado da Administración de xustiza