Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2019 Páx. 12434

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 97/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 97/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Álvarez Martínez contra Espectáculos Dobar, S.L., sobre despedimento, ditouse auto o 29 de xaneiro de 2019, extinguindo a relación laboral recorrible en reposición no prazo de tres días, o cal se atopa á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Espectáculos Dobar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 12 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza