Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2019 Páx. 12432

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (PO 54/2017).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 54/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel López Martínez e María Vanessa López Golpe contra Costura Invisible, S.L., administrador concursal de Costura Invisible, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditaron a Sentenza do 31 de xaneiro de 2019, contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, e o Auto de aclaración do 8 de febreiro de 2019, contra o cal non cabe ningún recurso. Fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro das resolucións.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Costura Invisible, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de febreiro de 2019

O letrado da Administración de xustiza