Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2019 Páx. 11258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade da parte dispositiva da Sentenza 436/2017, do 16 de novembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 16 de novembro de 2017, pronunciou a Sentenza número 436/2017, ditada no procedemento ordinario nº 4276/2015, interposto por Aurelio Sánchez Seoane e Isabel Muñiz Sánchez, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto pola procuradora Ana María Lage Pombo, en nome e representación de Aurelio Sáchez Seoane e Isabel Muñiz Sánchez, contra a Orde do 28 de xullo de 2015 de aprobación definitiva parcial do Plan xeral de ordenación municipal de coristanco, e declaramos non ser conforme dereito a orde impugnada no concreto extremo referente ás parcelas obxecto do presente recurso, polo que procede a declaración de que a parcela con referencia catastral 0722317NH2802S0000QT ten a clasificación de solo urbano exclusivamente na liña de 40 metros de vía a vía, o igual que o resto dos solos urbanos que neste ámbito do PXOM de Coristanco clasifica, e igualmente que as parcelas con referencia catastral nº 15029A023005130000DB e 1529A023005140000DY non son solo urbano, de xeito que, en consecuencia da anulación do plan impugnado neste concreto aspecto, recobran a clasificación que tivesen no anterior planeamento.

Con condena en custas á parte demandada e codemandada dentro do límite referido na fundamentación xurídica da presente resolución».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2019

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo