Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2019 Páx. 11259

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade da parte dispositiva da Sentenza 443/2017, do 16 de novembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 16 de novembro de 2017, pronunciou a sentenza número 443/2017, ditada no procedemento ordinario nº 4110/2015, interposto pola Plataforma de Crematorios Non en Pontevedra Leste, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Por todo o exposto, en nome do rei, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu estimar o recurso contencioso-administrativo interposto polo procurador Jorge José Astray Suárez, no nome e representación da Plataforma de Crematorios Non en Pontevedra Leste, contra a Orde do 26 de decembro de 2014, publicada no DOG do 4 de febreiro de 2015, sobre aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana de Pontevedra, para establecer e regular o uso do crematorio; e anulamos a disposición impugnada.

Con condena en custas á parte demandada e codemandada dentro do límite referido na fundamentación xurídica da presente resolución».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2019

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo