Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2019 Páx. 10946

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 127/2018).

Eu, María Jesús Hernando Areas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 127/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Rosende Alvariño contra o Fondo de Garantía Salarial, Hostecarba, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Manuel Rosende Alvariño contra a entidade Hostecarba, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Hostecarba, S.L., a que abone ao demandante a cantidade de 31.970,93 € brutos por salarios devindicados entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017, ambos incluídos, 1.331,69 € brutos por compensación económica das vacacións non gozadas e 569,14 € brutos por falta de aviso previo incrementados no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito para interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hostecarba, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza