Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2019 Páx. 10849

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia das táboas salariais para o ano 2019 do convenio colectivo da empresa Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U.

Visto o acordo polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2019 do convenio colectivo da empresa Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U. (código 82000292011996), que se subscribiu entre a representación empresarial e a representación sindical do convenio colectivo da empresa Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U. na xuntanza celebrada o 18 de xaneiro de 2019, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Secretaría Xeral de Emprego

resolve:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta 1/2019

Asunto: xuntanza da comisión mixta do convenio.

Fecha: 18 de xaneiro de 2019.

Lugar: Rúa do Vilar, 18, entresollado, Santiago de Compostela.

Relación de asistentes:

– Pola dirección:

José Luis Parada González

María Martínez Suárez

– Pola parte social:

Jesús Fernández Martínez

Fernando Romero Casas

José Luis Nouche Domínguez

Orde do día: táboas salariais 2019.

Iníciase a xuntanza ás 10.30 horas do día do encabezamento, seguindo a orde do día:

1. Sinatura das táboas salariais.

Publicado o IPC de 2018 no 1,2 %, realízase a revisión das táboas salariais de 2019 de acordo co recollido no artigo 59 do vixente convenio colectivo.

Unha vez analizadas as táboas facilitadas pola empresa, estando as partes de acordo, procedese á súa sinatura.

Sen máis asuntos que tratar péchase a xuntanza en Santiago de Compostela o 18 de xaneiro de 2019.

Anexo I

Táboa salarial 2019

Ano 2019

Área operaria

Área administrativa

Grupo profesional

Salario base

Salario anual

Hora ordinaria

Salario base

Salario anual

Hora ordinaria

G.P. I

943,15 €

16.788,14 €

9,90 €

984,75 €

17.528,63 €

10,34 €

G.P. 2 - Nivel C

982,32 €

17.485,28 €

10,32 €

1.022,45 €

18.199,55 €

10,74 €

G.P. 2 - Nivel B

1.044,41 €

18.590,55 €

10,97 €

1.071,52 €

19.072,98 €

11,25 €

G.P. 2 - Nivel A

1.105,27 €

19.673,79 €

11,61 €

1.115,14 €

19.849,53 €

11,71 €

G.P. 3 - Nivel B

1.116,91 €

19.881,04 €

11,73 €

1.170,26 €

20.830,60 €

12,29 €

G.P. 3 - Nivel A

1.124,98 €

20.024,73 €

11,81 €

1.225,90 €

21.820,95 €

12,87 €

G.P. 4

 

 

 

1.281,46 €

22.810,03 €

13,46 €

G.P. 5

 

 

 

1.337,03 €

23.799,11 €

14,04 €

G.P. 6

 

 

 

1.504,30 €

26.776,55 €

15,80 €

Anexo II

Táboa salarial 2019. Conceptos

Artigo 12

Roupa de traballo administrativos/as

9,52 €

Artigo 31

Días ponte

129,65 €

Artigo 32

Festividade da patroa

129,65 €

Artigo 33

Festa local tradicional

129,65 €

Artigo 46

Noites 24 e 31 de decembro. Mañá e tarde do 25 de decembro e 1 de xaneiro

129,65 €

Artigo 47

Complemento de garda de presencia

149,68 €

Complemento de garda de localización

110,25 €

Artigo 50

Complemento de transporte

14,36 €

Artigo 51

Xantar ou cea

12,79 €

Aloxamento e almorzo

35,47 €

Quilometraxe

0,34 €

Artigo 53

Complemento de traballos penosos 1

21,16 €

Complemento de traballos penosos 2

13,75 €

Artigo 57

Quebrantamento de moeda

267,29 €

Artigo 70

Cesta de Nadal

50,00 €