Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2019 Páx. 10845

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo da comisión paritaria do convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia, polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2018.

Visto o acordo da comisión paritaria do convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2018, subscrito entre a representación empresarial e as organizacións sindicais UGT e CC.OO. de Galicia, na xuntanza do 16 de febreiro de 2018, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Secretaría Xeral de Emprego

resolve:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia

En Santiago de Compostela, ás 11.00 horas do 16 de febreiro de 2018, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, reúnense as persoas a continuación mencionadas que forman a comisión paritaria do convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia.

– Parte empresarial:

Saturnino Balderrábano Mayo (AERGAG).

José Carlos García Cumplido (AERGAG).

José Jesús Fernández Costa (AERGAG).

Miguel Galega Castro (AERGAG).

– Parte sindical:

Marcos Pérez Rodríguez (CC.OO.).

Martín Martínez Figueiro (UGT).

Xúntase a presente comisión paritaria, para o efecto de actualizar as táboas salariais do convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia do ano 2018. Logo das oportunas deliberacións e debate sobre a cuestión obxecto da xuntanza, esta comisión paritaria acorda.

Primeiro. As táboas salariais do ano 2018 actualizaranse segundo o previsto no convenio colectivo de aplicación para o sector, cun incremento do 1,1 %, que se corresponde co incremento do IPC real do ano 2017. O incremento terá efectos a partir do 1.1.2018.

Segundo. Delegar no funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais, Ignacio Bouzada Gil, a realización dos trámites necesarios para proceder ao rexistro, depósito e publicación do presente acordo ante a autoridade laboral competente.

E non habendo máis asuntos que tratar, remata a xuntanza ás 12.15 horas e as partes asinan a presente acta en proba de conformidade.

Táboas para 2018 actualizadas con IPC 1,1 %

2018 (IPC 1,1)

Persoal de produción:

Salario base:

Ata 50 t

1.288,79 €

De 51 t a 130 t

1.345,41 €

Condutor de guindastre móbil provisto de carné B:

De 131 t a 500 t

1.488,60 €

De máis de 500 t

1.631,80 €

Condutor operador de guindastre articulado

1.288,79 €

Axudante

1.160,02 €

Condutor

1.380,37 €

Mecánico oficial 2ª

1.160,02 €

Mecánico oficial 1ª

1.160,02 €

Xefe de taller

1.554,10 €

Axudante

1.109,66 €

Ordenanza

1.101,59 €

Limpador

1.101,59 €

Complemento de posto de traballo:

Condutor de guindastre móbil provisto de carné A:

Ata 50 t

154,30 €

De 51 t a 130 t

208,69 €

Condutor de guindastre móbil provisto de carné B:

De 131 t a 500 t

287,51 €

De máis de 500 t

449,58 €

Condutor de guindastre articulado (sobre camión)

154,30 €

Complemento de posto de traballo:

Mecánico oficial 2ª

174,00 €

Mecánico oficial 1ª

232,00 €

Persoal técnico e de administración:

Titulado de grao superior

1.425,63 €

Titulado de grao medio

1.238,92 €

Xefe de administración

1.270,64 €

Oficial administrativo

1.170,16 €

Auxiliar administrativo

1.091,49 €

Comercial

1.170,16 €

Telefonista

1.080,61 €

Importe das axudas de custo:

En Galicia:

Comida

10,58 €

Cea

10,58 €

Pernoita (incluído almorzo)

26,44 €

Resto de España e Portugal:

Comida

12,69 €

Cea

12,69 €

Pernoita (incluído almorzo)

31,73 €