A Lei 10/2010, do 11 de novembro, de modificación da Lei 2/2004, do 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia (DOG núm. 227, do 25 de novembro), dispuxo a creación da escala operativa do dito servizo, dentro do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, que se veu a sumar ás escalas de persoal funcionario xa existentes no servizo: técnica, executiva e de axentes, integradas nos subgrupos A1, A2 e C1, respectivamente. A disposición transitoria única da Lei 10/2010 establece o réxime de integración do persoal da escala de axentes, subgrupo C1, na escala operativa do mesmo subgrupo.
O Decreto 136/2017, do 17 de novembro, de ordenación e funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia (DOG núm. 113, do 14 de xuño), na súa disposición transitoria única, desenvolve a integración do mencionado persoal, e regula o procedemento que hai que seguir para solicitar a integración.
De acordo co punto 4 da disposición transitoria única do Decreto 136/2017, do 17 de novembro, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, unha vez rematado o prazo previsto no dito decreto, e comprobadas as circunstancias alegadas polas persoas solicitantes, formula unha proposta de resolución ante esta consellería sobre as solicitudes de integración presentadas, na cal se inclúe a relación do persoal funcionario integrado na escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, con indicación das especialidades en que se integran, así como a relación de persoas que non reúnen os requisitos para esa integración.
En virtude do anteriormente exposto, e de conformidade co artigo 14 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia
DISPOÑO:
Primeiro
1. Integrar o persoal funcionario de carreira da escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, que se relaciona no anexo I desta orde, na escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia creada pola Lei 10/2010, do 11 de novembro, na especialidade que en cada caso se especifica.
2. A integración terá efectos do 7.8.2018, que corresponde ao día seguinte ao do remate do prazo establecido no Decreto 136/2017, do 17 de novembro, para presentar as solicitudes de integración.
3. O persoal obxecto desta integración, relacionado no anexo I, quedará prestando servizos na escala que en cada caso se especifica, de acordo coa opción individual exercida na súa solicitude.
4. De conformidade co disposto no punto 6 da disposición transitoria única do Decreto 136/2017, do 17 de novembro, a integración do persoal funcionario na escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, non implicará a perda dos postos de traballo que viñesen ocupando, que seguirán desempeñando nas mesmas condicións en canto á súa forma de provisión, realizando as funcións inherentes aos ditos postos.
5. Conforme as previsións do punto 5 da disposición transitoria única do Decreto 136/2017, do 17 de novembro, a integración producirá o cambio na situación administrativa que corresponda ao persoal funcionario.
Segundo
1. Non integrar o persoal funcionario interino da escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia que se relaciona no anexo II desta orde na escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia creada pola Lei 10/2010, do 11 de novembro, por non ter a condición de funcionario de carreira da escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia na data de entrada en vigor da Lei 10/2010, do 11 de novembro.
Terceiro
O órgano competente da Consellería do Mar, ou ben a de destino do persoal funcionario integrado, xestionará os aspectos relacionados co expediente electrónico persoal no Rexistro único de persoal e de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2019
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda
ANEXO I
Apelidos |
Nome |
DNI |
Especialidade en que se integra |
Escala en que queda prestando servizos |
Bastón Bacelar |
Carlos |
******36P |
Mecánicos/as |
Operativa-mecánicos/as |
Baz Lijo |
José María |
******41X |
Mecánicos/as |
Operativa-mecánicos/as |
Chans Vidal |
José Juan |
******79L |
Mecánicos/as |
Axentes |
García Pérez |
Juan Manuel |
******32E |
Mecánicos/as |
Operativa-mecánicos/as |
Goce Lemos |
Jesús Fernando |
******30N |
Patróns/patroas |
Operativa-patróns/patroas |
González Arias |
Francisco |
******09R |
Patróns/patroas |
Operativa-patróns/patroas |
Gutiérrez Lorenzo |
Manuel |
******69H |
Patróns/patroas |
Operativa-patróns/patroas |
Martínez Paz |
Guillermo |
******93W |
Mecánicos/as |
Operativa-mecánicos/as |
Muñiz Torrado |
Emilio |
******01R |
Mecánicos/as |
Operativa-mecánicos/as |
Naveira Fuentes |
José Ramón |
******01N |
Mecánicos/as |
Axentes |
Outes da Silva |
Juan José |
******14A |
Mecánicos/as |
Operativa-mecánicos/as |
Pando Caldelas |
Francisco José |
******03L |
Patróns/patroas |
Operativa-patróns/patroas |
Piñeiro Pouso |
Ramón Javier |
******92T |
Patróns/patroas |
Axentes |
Rial Bernárdez |
Vicente |
******87N |
Patróns/patroas |
Operativa-patróns/patroas |
Rodríguez-Navas Bello |
Julio |
******24H |
Patróns/patroas |
Operativa-patróns/patroas |
Romero Lojo |
José Emilio |
******70C |
Mecánicos/as |
Operativa-mecánicos/as |
Suárez Vidal |
Pedro Luis |
******48N |
Patróns/patroas |
Operativa-patróns/patroas |
Veiga Bellón |
Raúl |
******33M |
Patróns/patroas |
Operativa-patróns/patroas |
Vidal Martínez |
Ramón |
******15E |
Patróns/patroas |
Axentes |
Vilanova Iglesias |
José |
******72T |
Patróns/patroas |
Operativa-patróns/patroas |
Vilela Bouza |
José Antonio |
******31H |
Patróns/patroas |
Operativa-patróns/patroas |
ANEXO II
Apelidos |
Nome |
DNI |
Rivas Lago |
Ramón Ángel |
******11R |
Varela Cespón |
Ricardo Rafael |
******42L |