Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2019 Páx. 9709

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2019, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-00628-S-2018 e cinco máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador PO-00628-S-2018 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2019

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF persoa sancionada

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto

cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta (€)

PO-00628-S-2018

1130BPH

36095543X

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

24.11.2017; 10.30.00; avenida Madrid con rúa Gandarón

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa alínea f) da LOTT

801

XC-00064-O-2018

4136-JWF

B44248201

A condución durante máis de cinco horas, aínda que sen superar as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas.

7.11.2017; 18.46.00; N-634; 709,5

Artigo 141.24.3 da LOTT

Artigo 143.1.d) da LOTT

401

XC-00067-O-2018

5833-JGM

34890446K

Diminución do descanso diario normal en máis dunha hora (sobre 11 horas). Máis de 8 horas e 30 minutos e inferior a 10 horas.

17.11.2017; 11.56.00; AP-9F; 25,2

Artigo 141.24.4 da LOTT

Artigo 143.1.d) da LOTT

401

XC-00068-O-2018

5833-JGM

34890446K

Diminución do descanso diario normal en máis dunha hora (sobre 11 horas). Máis de 8 horas e 30 minutos e inferior a 10 horas.

17.11.2017; 11.51.00; AP-9F; 25,2

Artigo 141.24.4 da LOTT

Artigo 143.1.d) da LOTT

401

XC-00208-O-2018

6096-FJM

B54771035

A condución durante máis de cinco horas, aínda que sen superar as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas.

29.11.2017; 12.54.00; FE-12; 1,0

Artigo 141.24.3 da LOTT

Artigo 143.1.d) da LOTT

401

XC-00287-O-2018

0273-GZX

09780023D

O exceso igual ou superior ao 15 % e inferior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 17 %.

3.11.2017; 4.07.00; N-634; 666,5

Artigo 141.2 da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

850