Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2019 Páx. 9711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2019, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres OU-01170-O-2018 e tres máis.

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador OU-01170-O-2018 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2019

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

Expediente

Matrícula

DNI/CIF persoa sancionada

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto

cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta (€)

OU-01170-O-2018

5091-GLM

34258699S

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

7.5.2018; 17.24.00; N-525; 132,5

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa alínea f) da LOTT

801

PO-00479-O-2018

PO-1684-BM

77544098N

O exceso igual ou superior ao 15 % e inferior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 19 %.

11.11.2017; 19.20.00; N-550; 125,0

Artigo 141.2 da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

900

PO-01358-O-2018

5564-DVV

39450161D

Atenuante - Realizar transporte público en vehículo lixeiro ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdese a súa validez.

9.1.2018; 11.00.00; PO-551; 5,0

Artigo 141.25 da LOTT

Artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

801

PO-02454-O-2018

1659-GFC

36138292W

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

6.3.2018; 9.59.00; PO-254; 6,661

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa alínea f) da LOTT

801

ANEXO