Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2019 Páx. 9412

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2018 pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal dos corpos da policía local dos concellos de Galicia.

Unha vez aprobado o programa anual de actividades para o ano 2019 da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) polo Consello Reitor, de acordo co establecido no artigo 9.2.b) da Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Agasp, convócanse os cursos de formación continua dirixidos aos/ás policías locais de Galicia, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2019, cuxas bases e características se especifican nos anexos desta resolución.

A Estrada, 8 de febreiro de 2018

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Destinatarios

Poderán participar nos cursos convocados por esta resolución os/as policías locais de Galicia que se atopen en situación de servizo activo ou excedencia por coidado de familiares.

A baixa laboral por incapacidade temporal impide a participación nas accións formativas convocadas, polo que, de producirse esta situación, os/as interesados deberan comunicalo a Agasp de xeito inmediato, no caso de non facelo serán penalizados coa non participación en accións formativas da Agasp nun ano contado desde o día seguinte a que se teña coñecemento do feito e, no caso de estar realizando efectivamente un curso, non se emitirá diploma algún del.

Será revisable a admisión de persoas en baixa laboral por incapacidade temporal, cando esta veña producida por accidente de traballo recoñecido como tal e a asistencia ao curso non interfira na recuperación.

Con carácter xeral, reservarse o 10 % das prazas convocadas para persoal das forzas e corpos de seguridade do Estado que traballen en Galicia, poderá ser superada a dita porcentaxe no suposto de quedar prazas vacantes.

Se as solicitudes para participar nun curso non superan as 10 persoas, a Agasp reservase a facultade de anular a actividade formativa.

Segunda. Solicitudes

1. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp
(htpp://agasp.xunta.es), non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o telefono móbil, co obxecto de posibles comunicacións, no suposto de non ser correctos ou exactos os ditos datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas solicitantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normativizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. No caso de atoparse nalgún dos supostos que a continuación se indican, o/a solicitante deberán remitir a Agasp, no mesmo prazo establecido para o envío da solicitude de inscrición, a certificación orixinal ou fotocopia legalizada que acredite tal situación: (non será preciso se tal documentación xa consta en poder da Agasp, neste caso, deberán comunicalo na propia solicitude).

a) Profesionais que estean gozando ou gozasen nos dous últimos anos dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución de xornada ou dunha excedencia por coidado de familiares.

5. Cando o curso para o que presenta solicitude requira a presentación de documentación complementaria co obxecto de acreditar circunstancias específicas de acordo cos criterios de selección, deberá remitir tal documentación por fax (886 20 61 22) por correo electrónico (formacion.agasp@xunta.gal) ou de acordo co establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

6. O prazo de presentación de solicitudes será desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 14.00 horas do día 25 de febreiro de 2019 para os cursos programados para o mes de marzo e ata o 11 de marzo o resto dos cursos programados.

7. O número máximo de cursos que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a 5.

No caso de que unha mesma persoa presente máis solicitudes das permitidas, a Agasp de xeito automático elixirá as primeiras 5 accións formativas solicitadas.

8. Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no cal xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o/a alumno/a non poderá participar en outros curso durante un ano desde que se detecte este feito.

Terceira. Criterios xerais de selección

Os criterios xerais de selección son os que a continuación se indican, sen prexuízo que cursos específicos se requiran outros diferentes, o cal se indicará na ficha de cada acción formativa concreta.

1. Menor número de cursos realizados na Agasp nos dous últimos anos.

2. Por orde de inscrición.

Terán preferencia na selección os/as candidatos/as que estean gozando ou gozasen, nos dous últimos anos dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución da xornada ou dunha excedencia para o coidado de familiares, sempre que cumpran cos requisitos obxectivos para ser destinatarios do curso.

Ademais, de conformidade co establecido no artigo 37 bis da lei 7/2004, para a igualdade de homes e mulleres, nos cursos, xornadas ou outras actividades formativas organizadas ou financiadas pola Administración pública galega, reservarase un 50 % das prazas a mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.

Cuarta. Admisión

1. A Agasp publicará na súa páxina web a relación de persoas seleccionadas para participar en cada curso, así coma un número adecuado de reservas con, polo menos, 5 días antes do inicio de cada curso.

Os/as alumnos/as seleccionados serán informados da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica.

A Agasp reserva para si o dereito de solicitar aos concellos de procedencia todos aqueles datos que considere necesarios para a adecuada realización da selección.

2. O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificada ou necesidade do servizo sempre que se acredite documentalmente o feito alegado polo/a xefe/a do corpo da policía local do concello no que traballe ou persoa responsable del.

No caso de cambios de cadrante ou quendas de traballo, deberá quedar acreditado suficientemente os motivos e que se coñeceron con posterioridade á solicitude de inscrición no curso.

A renuncia debe ser comunicada por escrito a través do modelo que figura na páxina web da Agasp e con unha antelación de 3 días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

A renuncia non xustificada ou a non acreditación documental da causa que a produce suporá a exclusión da persoa seleccionada nos seguintes 10 cursos que convoque o Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp e nos cales a persoa figure como posible destinataria, sen contar edicións repetidas, cursos xa realizados e que, polo menos, teñan a mesma carga horaria do curso polo que foi penalizado.

Quinta. Asistencia aos cursos

1. É obrigatoria a asistencia con puntualidade a todas as sesións dos cursos:

Durante a realización dos cursos levarase un control permanente da asistencia a través dos sistemas que se establezan ao efecto, podendo realizarse controis de asistencia extraordinarios.

Unicamente se autorizará a ausencia por causas xustificadas e debidamente acreditadas e en ningún caso, poderá superar o 10 % das horas lectivas.

A ausencia xustificada superior ao 10 % do total das horas lectivas suporá a perda do dereito a expedición do diploma, no caso de haber unha segunda edición do curso en cuestión, o Servizo de Formación en Seguridade Pública poderá valorar a posibilidade de que o/a alumno/a poida recuperar as horas non realizadas na edición anterior, en todo caso para poder valorar esta posibilidade non pode transcorrer máis de seis meses entre unha edición e a seguinte.

A falta de asistencia dun número superior ao 10 % das horas lectivas sen xustificación ou falta de acreditación documental da causa alegada non só dará lugar á perda do dereito ao diploma do curso senón tamén á penalización coa non participación en cursos da Agasp durante un ano, contados desde o día seguinte ao da finalización do curso.

2. O alumnado asistirá aos cursos co uniforme regulamentario. No caso de non facelo, e non existir causa suficientemente xustificada, a Agasp poderá impedir a asistencia ao curso e non emitirá diploma nin certificado acreditativo ningún.

Sexta. Certificación

Nos cursos de aproveitamento o alumnado debera superar unha proba de avaliación que se levará a cabo ao seu remate.

Sétima. Desenvolvemento dos cursos

1. A Agasp poderá suspender a realización de actividades formativas convocadas cando sexa necesario por motivos técnicos ou insuficiencia de solicitudes de participación.

2. A Agasp poderá modificar as datas, horarios, contidos e desenvolvemento dos cursos, así como resolver todas as continxencias e incidencias que poidan xurdir.

3. A Agasp poderá programar cursos diferentes cando así veña exixido por circunstancias que afecten a organización, xestión e docencia.

ANEXO II

Código

Denominación

Horas

Prazas

Data comezo

Data remate

Tráfico e seguridade viaria

191051

Operadores de radar

20

25

3.4.2019

5.4.2019

191052

Operadores de radar

20

25

13.5.2019

15.5.2019

191007

Detección de drogas na condución

16

25

11.3.2019

12.3.2019

191009

Operativa policial aplicada á circulación de vehículos estranxeiros

24

25

27.5.2019

30.5.2019

Policía comunitaria. Policía de proximidade

191010

Policía comunitaria

16

16

20.3.2019

21.3.2019

191011

Relación cos medios de comunicación

8

16

8.4.2019

8.4.2019

191012

Actuación policial ante os tribunais

24

16

7.3.2019

21.3.2019

191013

Xestión do estrés

12

16

3.6.2019

4.6.2019

Área xurídica. Policía administrativa

191014

Aplicación práctica da Lei de seguridade cidadán

16

25

21.3.2019

22.3.2019

191050

Nova normativa de protección de datos

16

25

4.3.2019

5.3.2019

191015

Lei de espectáculos públicos de Galicia

4

25

14.3.2019

14.3.2019

191016

Medición de ruídos

20

25

6.3.2019

8.3.2019

191017

Medición de ruídos

20

25

14.5.2019

16.5.2019

191019

Policia local e ambiente: actualización

16

25

25.3.2019

26.3.2019

191018

Acoso escolar. Redes sociais

16

25

8.4.2019

9.4.2019

191063

Drogas facilitadoras do asalto sexual e submisión química

8

25

6.5.2019

6.5.2019

191064

Alcohol e menores. Do botellón e a Lei 11/2010 á prevención integral

8

25

14.5.2019

14.5.2019

191065

Menores e internet. Desde o grooming ao xogo en liña que poden facer hoxe as FFCCSS

16

25

29.4.2019

30.4.2019

191069

A potestade sancionadora das administracións públicas

24

25

4.3.2019

12.3.2019

191070

Contido e novidades da Lei 39/2015 e da Lei 40/2015

32

25

20.3.2019

1.4.2019

191071

Transparencia e reutilización da información

20

25

22.4.2019

26.4.2019

191073

Responsabilidade civil e penal das forzas e corpos de seguridade do Estado

32

20

12.3.2019

15.3.2019

191074

Medidas de investigación no proceso penal

32

20

2.4.2019

5.4.2019

Violencia de xénero

191027

Actuación policial ante un suposto de violencia de xénero

12

25

26.3.2019

27.3.2019

191028

Actuación policial ante un suposto de violencia de xénero

12

25

11.3.2019

12.3.2019

191029

Os menores como vítimas

8

25

20.3.2019

20.3.2019

191030

Os menores como vítimas

8

25

24.4.2019

24.4.2019

191031

Instrución de dilixencias en violencia de xénero

12

25

6.5.2019

7.5.2019

191032

Instrución de dilixencias en violencia de xénero

12

25

20.5.2019

21.5.2019

191033

Protocolo de intervención policial con maltratador

16

25

27.5.2019

28.5.2019

191034

Protocolo de intervención policial con maltratador

16

25

28.5.2019

29.5.2019

O terrorismo xihadista

191021

Coordinación coas FFCC do Estado: primeira actuación. Incidentes AMOK

8

20

8.4.2019

8.4.2019

191022

Coordinación coas FFCC do Estado: primeira actuación. Incidentes AMOK

8

20

9.4.2019

9.4.2019

Táctica policial

191023

Control de masas en lugares con aglomeracións de persoas

16

16

1.4.2019

2.4.2019

191024

Control de masas en lugares con aglomeracións de persoas

16

16

10.6.2019

11.6.2019

191038

Actuación en intervencións en espazos confinados

20

16

4.3.2019

13.3.2019

191025

KRAV MAGA

8

16

5.3.2019

7.3.2019

191026

KRAV MAGA

8

16

21.5.2019

23.5.2019

Utilización medios de dotación policial

191035

Manexo e utilización operativa do bastón policial extensible

20

16

18.3.2019

27.3.2019

191043

Tiro con pouca visibilidade ou nocturno

12

12

22.4.2019

23.4.2019

191042

Uso da lanterna

4

12

17.6.2019

17.6.2019

191037

Condución 4×4

16

16

12.6.2019

13.6.2019

191040

Condución de vehículos policiais

12

12

11.3.2019

13.3.2019

Área técnica

191044

Formación en desfibrilación semiautomática externa (DESA)

8

16

2.5.2019

2.5.2019

191045

Formación en desfibrilación semiautomática externa (DESA)

8

16

13.5.2019

13.5.2019

191053

Linguaxe de signos

16

16

3.6.2019

24.6.2019

191046

Seguridade e autoprotección en entornos acuáticos

16

16

23.5.2019

24.5.2019

191047

Seguridade e autoprotección en entornos acuáticos

16

16

26.6.2019

27.6.2019

191054

Patrón de embarcacións de lecer (PEL)

50

20

1.4.2019

31.5.2019

191020

Intervención da policía con cans e demais animais

32

25

6.3.2019

27.3.2019