Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2019 Páx. 9460

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (DOI 152/2018).

DOI despedimento obxectivo individual 152/2018

Demandante: José Manuel Torres Grela

Graduada social: Laura Prieto Currás

Demandados: Fogasa Fondo de Garantía Salarial, Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., María José Lorenzo Gómez, Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Juan Manuel Capella Pérez

Avogado: letrado do Fogasa, Manuel López Núñez, María José Lorenzo Gómez, Juan Manuel Capella Pérez

Graduado social: José Nogueira Delgado

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 152/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Torres Grela contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., María José Lorenzo Gómez, Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Juan Manuel Capella Pérez, sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Estímase a demanda presentada pola parte demandante contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L. e Fidel Derivados Cárnicos, S.L., na súa pretensión principal e, en consecuencia:

– Declárase nulo o despedimento do traballador efectuado con efectos do 31 de xaneiro de 2018.

– Condénanse solidariamente as codemandadas á inmediata readmisión do demandante no seu posto de traballo, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a efectiva readmisión, a razón de 44,16 euros/día.

Notifíquese a presente resolución ás partes e aos administradores concursais facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación, logo de consignación do depósito de 300 euros e, no caso da empresa condenada, do importe obxecto de condena.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza de reforzo deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza