Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2019 Páx. 9458

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (PO 803/2017).

PO procedemento ordinario 803/2017

Demandante: Luz Divina Lojo Santamaría

Avogado: Xavier Castro Martínez

Demandados: Fogasa Fondo de Garantía Salarial, Muquidoiro, S.L.

Avogado: letrado do Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 803/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luz Divina Lojo Santamaría contra Muquidoiro, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Que debo estimar parcialmente a demanda presentada por instancia de Luz Divina Lojo Santamaría contra a entidade Muquidoiro, S.L. e o Fogasa e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 463,43 euros como cantidades a deber, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, producidos desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17/06/2014) até a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Imponse a cantidade de 200 euros en concepto de honorarios.

Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Muquidoiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza