Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2019 Páx. 9206

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 494/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 494/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Belén López Mouriño contra a empresa Concello de Santiago de Compostela, Ferrovial Servicios, S.A., Arasti Barca, MA, S.L., Campa Formación e Intervención Socieducativa, S.L., Patricia Sabela Rivas Lorenzo, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolución.

Declárase que María Belén López Mouriño desiste da demanda de despedimento presentada contra Ferrovial Servicios, S.A., Arasti Barca MA, S.L., Campa Formación e Intervención Socioeducativa, S.L. e Patricia Sabela Rivas Lorenzo, e decrétase o sobresemento e arquivamento do presente procedemento respecto das ditas codemandadas.

Que, estimando parcialmente a demanda interposta por María Belén López Mouriño contra o Concello de Santiago de Compostela, declaro que o cesamento da demandante con data de efectos do 31 de maio de 2018 constitúe un despedimento nulo, con dereito da demandante, como consecuencia da existencia de cesión ilegal operada entre o Concello de Santiago de Compostela e as codemandadas Arasti Barca MA, S.L., Campa Formación e Intervención Socioeducativa, S.L. e Patricia Sabela Rivas Lorenzo, e con base na opción exercida pola demandante ao abeiro do artigo 43.4 do ET, a integrarse no cadro de persoal do Concello de Santiago de Compostela; e condeno o Concello demandado a se ater á anterior declaración, e á inmediata readmisión da demandante no seu posto de traballo e nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ao despedimento, en concreto, como persoal laboral indefinido non fixo, a tempo completo, con antigüidade do 18 de decembro de 2001, categoría profesional de administrativo, encadrada no grupo C1, nivel 14, no Centro Sociocultural O Ensanche, e con dereito a ser retribuída conforme a estrutura, os conceptos e as contías salariais establecidos no vixente convenio colectivo do persoal laboral e acordo regulador do persoal funcionario do Concello de Santiago de Compostela para os referidos categoría profesional, grupo e nivel, e conforme o disposto nas leis de orzamentos xerais do Estado que se diten anualmente, así como o dereito a ter consolidados e percibir os trienios que lle correspondan polo tempo de servizos prestados para a entidade local demandada, nos termos previstos na Lei 70/1978, do 26 de decembro, tomando para tal efecto a antigüidade do 18 de decembro de 2001; e condeno, así mesmo, o Concello demandado a aboar á demandante os salarios deixados de percibir desde a data de efectos do despedimento ata a efectiva readmisión, co salario diario correspondente ás condicións de antigüidade, trienios, categoría profesional, grupo e nivel salarial indicados.

Notifíquese ás partes e ao Ministerio Fiscal a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Patricia Sabela Rivas Lorenzo, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza