Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2019 Páx. 9203

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 12/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de xecución de títulos xudiciais 12/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristian José Baleato Nieto contra Vilariño Enxebre, S.L., Lizagalicia, S.L., Pérez Castro Natalia, S.L.N.E., Esugani, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2019.

Parte dispositiva.

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Cristian José Baleato Nieto contra Vilariño Enxebre, S.L., Lizagalicia, S.L., Pérez Castro Natalia, S.L.N.E, Esugani, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de 48.865,97 euros en concepto de principal (4.025,19 euros en concepto de indemnización, 27.612,88 euros en concepto de salarios de tramitación, 14.439 euros en concepto de salarios, máis 2.788,9 euros en concepto de xuros de mora), máis outros 4.886,59 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2019.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

1. Requirir ás executadas Vilariño Enxebre, S.L., Lizagalicia, S.L., Pérez Castro Natalia, S.L.N.E. e Esugani, S.L., co fin de que no prazo de dez días aboen a cantidade de 48.865,97 euros en concepto de principal (4.025,19 euros en concepto de indemnización, 27.612,88 euros en concepto de salarios de tramitación, 14.439 euros en concepto de salarios, máis 2.788,9 euros en concepto de xuros de mora), máis outros 4.886,59 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco de Santander, co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número expediente xudicial 1589 0000 64 0012 19), con apercibimento de que, en caso de non cumpriren o requirimento no prazo conferido, se embargarán os seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

2. Requirir a Vilariño Enxebre, S.L., Lizagalicia, S.L., Pérez Castro Natalia, S.L.N.E., Esugani, S.L. co fin de que no prazo de 10 días manifesten unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, poderán ser sancionados, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presenten a relación dos seus bens, inclúan nela bens que non sexan seus, exclúan bens propios susceptibles de embargo ou non desvelen as cargas e gravames que pesen sobre eles, e poderánselles impor tamén multas coercitivas periódicas.

3. Requirir a parte executante, Cristian José Baleato Nieto, para que achegue número de conta bancaria da súa titularidade, co fin de transferir as cantidades que, de ser o caso, se poidan obter na presente execución.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente (artigo 198 da Lei de xurisdición social).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Vilariño Enxebre, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza