Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2019 Páx. 9047

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO de acordo de instrución de expediente de xestión da biomasa.

En cumprimento do disposto nos artigos 40, 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para o suposto de que os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada ésta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notificanse os interesados que se relacionan no acto administrativo que se cita, para cuxo coñecemento íntegro poderá comparecer nas dependencias do Departamento de Urbanismo do Concello de Marín sito na avenida de Ourense, s/n, 36900 Marín, das 8.00 ás 15.00 horas.

Expediente núm.

Interesado

NIF

Referencia catastral

Localización

49/18-D-DU

-

35262317M

Parcela 870 polígono 9

A Bouza, San Xulián

52/18-E-DU

Herdeiros de Hipólito Hermida Cebreiro

-

Parcela 746 polígono 7

A Raña

77/18-A-DU

35341792S

Parcela 1183 polígono 27

Camiño da Fenteira

78/18-L-DU

35137081G

Parcela 1385 polígono 27

Camiño da Fenteira

Acto que se notifica: acordo de instrución de orden de execución, con base no disposto nos artigos 15.1.b) do Real decreto lexislativo 7/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana; 135 y 136 da Lei 2/2016 do solo de Galicia; 333 a 336 do Decreto 143/2016, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia; 7, 21 e seguintes e DA 3ª da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia; 7 da Ordenanza reguladora do deber de conservación de edificacións e terreos nas condicións de funcionalidade, seguridade e ornato público e do artigo 54 da Ordenanza reguladora de intervención urbanística municipal en obras e actividades, en relación coa xestión da biomasa.

Primeiro. Ordenar, en virtude do instruído, ás seguintes actuacións:

a) Xestión da biomasa (labores de corta e rozas) da parcela arriba referenciada, con retirada do material resultante a un vertedoiro autorizado, nunha franxa de 50 metros:

a) Perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

b) Ao redor das edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, campings, gasolineiras e parques e instalacións industriais sitas a menos de 400 metros do monte.

c) Ao redor das edificacións illadas en solo rústico sitas a máis de 400 metros do monte.

b) Retirada das especies arbóreas da devandita parcela que estean recollidas na DA 3ª da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que se atopen a unha distancia de 50 metros do perímetro sinalado no punto anterior. As devanditas especies son as seguintes:

Especie

Nome común

Pinus pinaster

Pino galego

Pino do país

Pinus sylvestris

Pino silvestre

Pinus radiata

Pino de Monterrey

Pseudotsuga menziesii

Pino de Oregón

Acacia dealbata

Mimosa

Acacia melanoxylum

Acacia negra

Eucalyptus spp

Eucalipto

Calluna vulgaris

uz

Chamaespartium tridentatum

Carqueixa

Cytisus spp

Xesta

Erica spp

Breixo

Genista spp

Xesta, piorno

Pteridium aquilinum

Fento

Rubus spp

Silva

Ulex europaeus

Toxo

Segundo. O prazo de execución das actuacións será de 15 días naturais ou de tres meses no caso das franxas laterais das vías de comunicación, segundo o disposto no artigo 22 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, contados tras a recepción da notificación da resolución.

Terceiro. Advírteselle de que, no caso de incumprimento dunha orde de execución, a Administración municipal procederá á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas de 1.000 a 10.000 euros; fixarase en informe do técnico municipal unha multa coercitiva a impoñer por importe de 1.000 €, reiterables trimestralmente segundo o disposto nos artigos 135.4 e 136.4 da LSG e 336.1 do RLSG.

En caso de persistencia no incumprimento, transcurrido o dito prazo, poderá procederse á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Cuarto. Infórmaselle, que está obrigado a comunicar e xustificar documentalmente que procedeu ao ordenado no parágrafo primeiro, xa que, en caso contrario, procederase de acordo co sinalado no parágrafo terceiro.

Quinto. Notificarlles aos interesados que estamos ante un acto administrativo definitivo, polo que contra el cabe interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ou contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a súa notificación; sen prexuízo doutros que xulgue pertinentes.

Marín, 23 de xaneiro de 2019

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa