Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2019 Páx. 9046

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións no solo urbano cualificado como residencial intensivo en colonia, rúa 2, s/n.

O Pleno da Corporación, en sesión do 28 de decembro de 2018, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións no solo urbano cualificado como residencial intensivo en colonia, rúa 2, s/n, Lalín (Pontevedra), redactado polo arquitecto Jacobo Fernández Malde con data de setembro de 2018 (expediente 2031/2018).

Unha vez publicado o acordo no Diario Oficial de Galicia, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei do solo de Galicia, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Logo de que conste a inscrición no rexistro, publicarase a normativa no Boletín Oficial da provincia.

Contra ese acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Lalín, 18 de xaneiro de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto do 29.6.2015; BOP do 27 de xullo)
Nicolás María González Casares
Concelleiro de Urbanismo