Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2019 Páx. 9044

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nos barrios da Magdalena e Ferrol Vello, A Graña e Esteiro Vello de Ferrol, referidas ao novo convenio entre o Ministerio de Fomento, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (o IGVS) e o Concello de Ferrol, con base no Plan estatal de vivenda 2018-2021.

Con data do 28 de xaneiro de 2019, a Xunta de Goberno local aprobou, por proposta da concelleira delegada titular da Área de Urbanismo, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas áreas de rexeneración e renovación urbana dos barrios históricos da Magdalena e Ferrol Vello, do barrio da Graña e do barrio de Esteiro Vello de Ferrol, referidas ao novo convenio entre o Ministerio de Fomento, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (o IGVS) e o Concello de Ferrol, con base no Plan estatal de vivenda 2018-2021, Real decreto 106/2018, do 10 de marzo de 2018.

O texto íntegro da convocatoria publícase no BOP e na páxina web do Concello de Ferrol (enderezo https://www.ferrol.gal/rehabilitacion) e pode consultarse nas dependencias de Urbanismo do Concello de Ferrol, rúa María, 52-54, 4º andar (Oficina de Rehabilitación), das 9.00 ás 14.00 horas. O teléfono 981 94 40 65 está dispoñible para as consultas ao respecto. Os anuncios da convocatoria publicarase no DOG e no taboleiro de anuncios do Concello de Ferrol.

Deberanse presentar as solicitudes xunto coa documentación preceptiva descrita na convocatoria, mediante os impresos normalizados, no Rexistro do Concello de Ferrol ou por calquera medio dos admitidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas da mañá do décimo quinto día hábil contado desde o día seguinte ao da última publicación desta convocatoria, que se fará no BOP (texto íntegro) e no DOG (anuncio).

O prazo de presentación de solicitudes xunto coa documentación prevista no punto 12 será ata a data de finalización do convenio, salvo que con anterioridade se esgotase o crédito dispoñible ou o número de intervencións concedidas.

Os impresos normalizados estarán dispoñibles no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol e na súa páxina web (https://www.ferrol.gal/rehabilitacion).

Ferrol, 31 de xaneiro de 2019

O alcalde
P.D. (Resolución do 27.6.2017)
María Fernández Lemos
Concelleira delegada titular da Área de Urbanismo,
Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación