Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2019 Páx. 9042

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña, execución da sentenza sobre o Plan xeral de ordenación municipal 2013, Treneo Inversiones, S.L. (expediente 631/2017/31).

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 10 de decembro de 2018, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal. Execución da sentenza sobre o PXOM 2013. Treneo Inversiones, S.L. Outubro 2017, segundo o documento redactado pola Oficina Técnica do Departamento de Planeamento.

Segundo. Realizar os trámites previstos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e nos artigos 199, 209 e 212 do Regulamento para o desenvolvemento da lei anterior, para a entrada en vigor do documento aprobado».

Medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente:

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático remitiu a Decisión do 13 de setembro de 2017 de non sometemento ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria, na cal se conclúe que coa modificación puntual non se prevén efectos ambientais significativos, polo que non cómpre adoptar medidas adicionais ás previstas no PXOM para o seguimento.

O contido íntegro da modificación puntual aprobada pódese consultar no enderezo electrónico: https.www.coruna.gal/urbanismo na epígrafe «planeamiento/planeamiento vigente», ou ben, desde a mesma web, a través do «visor estado desarrollo PGOM 2013».

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto 2964/2017, do 28 de xuño)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde responsable da Área de Rexeneración Urbana,
Dereito á Vivenda e Mobilidade Sostible