Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2019 Páx. 9050

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO de acordo de incoación de expediente de xestión da biomasa.

En cumprimento do disposto nos artigos 40, 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para o suposto de que os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, mediante este anuncio notifícanse os interesados que se relacionan no acto administrativo que se cita, para cuxo coñecemento íntegro poderá comparecer nas dependencias do Departamento de Urbanismo do Concello de Marín sito na avda. de Ourense s/n, 36900 de Marín, das 8.00 a 15.00 horas.

Expediente núm.

Interesado

NIF

Referencia catastral

Localización

54/18-C-DU

-

-

Parcela 813, polígono 34

Doctor Otero Ulloa, Seixo

83/18-B-DU

-

-

Parcela 1145, polígono 35

Lugar de Cernello

Acto que se notifica: acuerdo de inicio de orden de execución, con base no disposto nos artigos 15.1.b) do Real decreto lexislativo 7/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana; 135 y 136 da Lei 2/2016, do solo de Galicia; 333 a 336 do Decreto 143/2016, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia; 7, 21 e seguintes e DA 3ª da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia; 7 da Ordenanza reguladora do deber de conservación de edificacións e terreos nas condicións de funcionalidade, seguridade e ornato público e do artigo 54 da Ordenanza reguladora de intervención urbanística municipal en obras e actividades, en relación coa xestión da biomasa, en orden a realizar as seguintes actuacións:

a) Xestión da biomasa (labores de corta e rozas) da parcela arriba referenciada, con retirada do material resultante a vertedoiro autorizado, nunha franxa de 50 metros:

a) Perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

b) Alrededor das edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, campings, gasolineiras e parques e instalacións industriais sitas a menos de 400 metros do monte.

c) Ao redor das edificacións illadas en solo rústico sitas a máis de 400 metros do monte.

b) Retirada das especies arbóreas da devandita parcela que estean recollidas na DA 3ª da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que se atopen a unha distancia de 50 metros do perímetro sinalado no punto anterior.

Alegacións: prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no BOE.

Marín, 23 de xaneiro de 2019

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa