Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2019 Páx. 9001

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 151/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 151/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Barros Ares contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., María José Lorenzo Gómez, Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Fondo de Garantía Salarial e Juan Manuel Capella Pérez, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Estímase a demanda presentada pola parte demandante fronte a Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L. e Fidel Derivados Cárnicos, S.L., na súa pretensión principal, e en consecuencia:

– Declárase nulo o despedimento do traballador efectuado con efectos do 31 de xaneiro de 2018.

– Condénanse solidariamente as codemandadas á inmediata readmisión do demandante no seu posto de traballo, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento, ata a efectiva readmisión, a razón de 44,16 euros/día.

Notifíquese a presente resolución ás partes e aos administradores concursais, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación, logo de consignación do depósito de 300 euros e no caso da empresa condenada, do importe obxecto de condena.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acorda, manda e asina, Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza de reforzo deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza