Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2019 Páx. 9003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 30 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada presentada por Ahora Granxa de Sara, S.C. para unha explotación porcina de ceba para 4.174 animais en Ponte Frollais, no concello de Sarria, provincia de Lugo (expediente 2017-IPPC-I-38).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

Proyecto de autorización ambiental integrada y estudio de evaluación ambiental de explotación de porcino en Ponte Frollais, Sarria, Lugo. Peticionario: Ahora Granxa de Sara, S.C. Agosto de 2018.

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio http://cmaot.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Prevencion_e_control_de_actividades?content=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Autorizacion_ambiental_integrada/seccion.html&ui=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Autorizacion_ambiental_integrada/dinamico/listado_ippc_central.html

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2017-IPPC-I-38.

Peticionaria: Ahora Granxa de Sara, S.C.

CIF: J27336098.

Enderezo social: Ponte Frollais, 27638 Sarria, Lugo.

Localización da instalación: Ponte Frollais, 27638 Sarria, Lugo.

Actividade: explotación porcina de ceba.

Descrición: o proxecto consiste nunha explotación porcina para unha capacidade de 613 porcas nais, 112 porcas de reposición, 6 castizos, 1.935 leitóns e 4.174 porcos de ceba. A instalación consta basicamente de seis naves de ceba, seis naves de xestación, tres naves de parto, catro naves de destete, unha nave de castizos, seis almacéns e tres fosas de xurros exteriores. Prevese realizar un almacén, unha fosa de xurros cuberta e cubrir unha fosa de xurros existente, un pequeno estercoleiro, un peche sanitario e pintado e caleado de obras existentes. As augas de limpeza das naves son conducidas ás fosas de xurros. As augas pluviais vértense directamente ao terreo. O xurro xerado na instalación será xestionado mediante un xestor autorizado.

Inclúese na documentación presentada o grao de implantación das mellores técnicas dispoñibles, atendendo ao recollido na Decisión de execución (UE) nº 2017/302 da Comisión, do 15 de febreiro de 2017 pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) no marco da Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello respecto á cría intensiva de aves de curral ou de porcos.