Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2019 Páx. 9005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de prórroga da concesión de explotación Oportuna 4086.2.2, concello de Carballeda de Valdeorras, promovido por Explotaciones Mineras Gallegas, S.L. (clave 2016/0062).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 11 de xaneiro de 2019 do proxecto de prórroga da concesión de explotación Oportuna 4086.2.2, concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), promovido por Explotaciones Mineras Gallegas, S.L.

Esta declaración de impacto ambiental pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, baixo).

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático