Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2019 Páx. 8774

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (DSP 450/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento DSP 450/2018, seguido por instancia de Cristian Faquet González contra a mercantil Aislamientos, Divisiones y Reformas, S.L. sobre despedimento improcedente e reclamación de salarios, se ditou sentenza número 221/2018, con data do 10 de outubro, que estima a demanda, e contra a cal cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á publicación deste edicto.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á mercantil Aislamientos, Divisiones y Reformas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza