Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2019 Páx. 8775

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 714/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 714/2018, seguido por instancia de Eloy David Figueroa Sánchez contra Iberian Soul, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou Sentenza número 20/2019, con data do 16 de xaneiro de 2019, que estima a demanda, e contra a cal cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Iberian Soul, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza